Sunday 05 de May de 2024

Dispositivo especial Policía Local da Coruña – Coruña Big Waves


Achegamos unha serie de alteracións do tráfico con motivo da celebración este sábado 19 de febreiro da Coruña Big Waves no Portiño.

Desde primeira hora da mañá, e ata a finalización do evento, prevista para as 15.30 horas, a Policía Local da Coruña establecerá un dispositivo especial co obxectivo de que o acceso á zona do Portiño flúa con axilidade e seguridade, así como para garantir a dispoñibilidade das vías de evacuación e emerxencias establecidas para o evento.

Deste xeito, e en función da asistencia, restrinxirase o acceso en vehículo á zona do porto do Portiño e a estrada de acceso á EDAR de Bens. Recoméndase que o público que se aproxime á zona de competición chegue á área a pé. Para o estacionamento de vehículos pódense usar as zonas do Paseo Marítimo (tramo entre avda. Labañou e ascensor panorámico), polígono dos Rosales, parque de San Pedro, parque de Bens e Nostián (acceso desde a estrada de Bens).

O evento comezará ás 8.00 horas e poderase seguir en directo desde a seguinte ligazón (https://www.coruna.gal/deportes/gl/axenda/evento/coruna-big-waves-o-portino/suceso/1453789763762) ou na canle Teledeporte a partir das 12.00 horas.